Organizan en Viveiro unha charla sobre prevención de incendios nos fogares

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro celebrará unh
22 Jan 2020

O Concello de Viveiro celebrará unha xornada de prevención dos incendios nos fogares, organizada coa colaboración dos bombeiros e a Policía Local. Será o 4 de febreiro ás 20:30 horas na sala multiusos da casa do Concello.

A raíz da proliferación, sobre todo no tempo de inverno, de incendios domésticos en cociñas, chemineas e braseiros, por parte da Policía Científica da Comisaría de Viveiro e do Parque de Bombeiros de Viveiro propúxose á Concellaría de Participación Cidadá a organización dunha serie de charlas sobre a importancia da prevención para evitar este tipo de accidentes.

“Desde un primeiro momento pareceunos unha gran iniciativa para dar consellos e recomendacións aos nosos veciños, na maior parte das ocasións a clave da seguridade está nunhas boas medidas de prevención”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Xunto á alcaldesa e o primeiro teniente de alcalde, Jesús Fernández, presentaron hoxe a xornada o subinspector da Comisaría de Viveiro, Javier Comendeiro, e o xefe do Parque de Bombeiros de Viveiro, José Pulleiro, que serán os encargados de impartir esta primeira charla, con explicacións tanto técnicas como prácticas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.24617505073547