Organizan en Viveiro un obradoiro de cine para maiores de 55 anos

AMariñaXa
Terá lugar o 27 de outubro e será impartido por Manolo Gómez, gañador de dous premios Goya
obradoiro-de-cine-viveiro
20 Oct 2025

O Concello de Viveiro organizará o 27 de outubro o obradoiro Como se fai unha película?, unha charla práctica pensada especialmente para persoas maiores de 55. Terá lugar ás 18.30 horas na Sala Multiusos. A actividade será impartida por Manolo Gómez, gañador de dous premios Goya á Mellor Película de Animación por «O bosque animado» (2002) e «O soño dunha noite de San Xoán» (2006).

A alcaldesa Mariña Gueimunde explica que «esta proposta busca achegar o mundo do cine dun xeito ameno e participativo, ofrecendo unha experiencia cultural distinta e adaptada a un público que merece novas oportunidades para aprender, compartir e gozar da creatividade».

Durante a sesión, as persoas participantes poderán descubrir como se crea unha película desde dentro, coñecer técnicas básicas de rodaxe e participar nunha actividade práctica guiada por un profesional de recoñecido prestixio. A entrada é libre ata completar aforo.

⚙ Configurar cookies
0.069167852401733