Organizan en Vegadeo clases de pilates para maiores
AMariñaXa
Vegadeo celebrará este ano clases de pilates dentro do programa de Envellecemento Activo. Estas están dirixidas a maiores de 60.
26 sep 2022
O Concello de Vegadeo celebrará este ano clases de pilates dentro do programa de Envellecemento Activo. Estas están dirixidas a maiores de 60 anos ou menores con algunha discapacidade.
O curso desenvolverase todos os martes e xoves en horario de 11 a 12 no centro social de maiores de Vegadeo. As clases iniciaranse o 4 de outubro e estarán ao cargo de a clínica de fisioterapia Paula.
As persoas interesadas en asistir deberán anotarse antes do 30 de setembro no Concello, a través do teléfono 697 163 640. As prazas son limitadas.