Organizan en Trabada unha actividade de ximnasia de mantemento

AMariñaXa
O Concello de Trabada  pon a disposición dos veciños e veciñas unha actividade de ximnasia de mantemento para tódalas idades.
ximnasia mantemento maiores
23 sep 2022

O Concello de Trabada  pon a disposición dos veciños e veciñas unha actividade de ximnasia de mantemento para tódalas idades.

Esta actividade desempeñarase no pavillón municipal de Trabada tódolos xoves de 20:00 a 21:00 horas, dende o mes de outubro ata o mes de maio. O custo da actividade será 20 €/mes para os maiores de idade e 15 €/mes para o menores de idade. Esta actividade farase no caso de haber un número mínimo de inscritos.

"Dende que chegamos ao goberno, traballamos intensamente co único obxectivo de mellorar o noso Concello e polo tanto, a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. É unha prioridade deste goberno o fomento do deporte e de hábitos de vida saudables, porque para nós é moi importante ofrecer, dende a administración local, diferentes actividades culturais ,deportivas, de ocio…", explica a alcaldesa.

Toda persoa interesada deberá realizar a inscripción no Rexistro do Concello antes do 30 de setembro de 2022.

0.16902613639832