Organizan en Riotorto un curso de primeiros auxilios
AMariñaXa
A asociación de Veciños de Ferrería, en colaboración co Concello de Riotorto, celebrará este sábado un curso sobre Soporte Vital Básico.
9 Dec 2021
A asociación de Veciños de Ferrería, en colaboración co Concello de Riotorto, celebrará este sábado, 11 de decembro, un curso sobre Soporte Vital Básico + Desa, que se desenvolverá entre as 15.30 e as 20.30 horas.
O lugar de celebración será a casa da cultura local e terá un prezo de 30 euros.
Os interesados en asistir poden reservar no teléfono 697 529 599 ou no correo msformacion@gmail.com.
Este curso está dirixido á poboación en xeral que sexan maiores de 18 anos e está homologado pola Xunta de Galicia.