Organizan en Ourol unha actividade de ximnasia de mantemento
AMariñaXa
O Concello de Ourol pon a disposición dos veciños e veciñas unha actividade de ximnasia de mantemento para maiores.
24 sep 2022
O Concello de Ourol pon a disposición dos veciños e veciñas unha actividade de ximnasia de mantemento para persoas maiores.
Esta actividade desempeñarase no edificio multiusos de Ourol tódolos martes en venrres de 11:00 a 12:00 horas, dende o mes de outubro ata o mes de maio. Esta actividade ten un límite de prazas de 15 persoas e só poderán participar empadroadas en Ourol. Ten como data de inicio prevista o 4 de outubro.
Toda persoa interesada deberá realizar a inscrición no departamento de servizos sociais nos teléfonos 982 559 109 ou no 677 486 457.