Organizan en Lourenzá unha conferencia sobre o traxe popular galego

AMariñaXa
A Asociación Patrimonio Laurentino organiza unha conferencia sobre o traxe popular galego que será no salón de actos do Concello
traxe popular galego conferencia 1
16 Apr 2022

A Asociación Patrimonio Laurentino organiza unha conferencia sobre o traxe popular galego que será no salón de actos do Concello o día 24 de abril ás 17.00 horas.

Esta charla será impartida por Ana Nogareda Mato e está organizada por Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.

O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan e que permiten certos contrastes e igualacións cos territorios veciños de Asturias ou a provincia de León.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1794970035553