Organizan en Burela unhas xornadas sobre o uso do teléfono móbil
AMariñaXa
O Concello de Burela acolle unhas xornadas sobre o uso do teléfono móbil, que terán lugar no Centro de Formación Ocupacional.
1 Maio 2024
O Concello de Burela acolle unhas xornadas sobre o uso do teléfono móbil, que terán lugar no Centro de Formación Ocupacional. Serán o día 8 de maio e o día 15 de maio, en ambos casos ás 11.00 horas e as prazas serán limitadas.
O prazo para inscribirse na actividade permanecerá aberto ata o día 7 de maio. A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello en horario de 9.00 a 14.00. A actividade forma parte do Programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e o asociacionismo na provincia da Deputación de Lugo.