Organizan en Burela unha xornada formativa sobre doenzas do castiñeiro

AMariñaXa
O Concello de Burela organiza unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro, que terá lugar o 28 de maio na antiga biblioteca.
portada presentacion curso castineiro
13 Maio 2021

O Concello de Burela organiza unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro, que terá lugar o 28 de maio no salón de conferencias, antiga biblioteca.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “organizamos unha xornada formativa baixo o título Loita contra doenzas do castiñeiro, que será impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, en Ourense”.

A edil sinalou que “terá lugar no salón de conferencias, na antiga biblioteca. Para participar é preciso inscribirse e as persoas interesadas poden anotarse na oficina de Gaia, que está situada na praza de abastos, ou no teléfono 647 136 673. Haberá un aforo mínimo, que será necesario completar para que se celebre a actividade”.

Eijo engadiu que “esta xornada serán o vindeiro día 28 de maio, en horario de dez da mañá a dúas da tarde”.

presentacion joranda castineiro
0.17640399932861