Organizan en Burela un curso dirixido á comunidade inmigrante

AMariñaXa
Burela vai organizar un cursiño para axudar a preparar a proba de coñecementos para a obtención da nacionalidade española.
cartel curso nacionalidade en Burela_portada
1 Maio 2021

O Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela vai organizar un cursiño para axudar a preparar a proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España para a obtención da nacionalidade española. Esta acción está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

A edil Noelia Mª Ben explica que “a temática deste curso é coñecer o Goberno, lexislación e participación cidadá, os dereitos e deberes fundamentais e a organización territorial e a xeografía física e política de España. Ademais de coñecer a cultura e a historia do país e a sociedade española”.

A concelleira de Inmigración e Cooperación engade que “con esta formación trátase de axudar a preparar a mencionada proba esixible para a obtención da nacionalidade española”.

O cursiño ofertado  terá unha duración de 50 horas e será impartido dende o 10  ata o 27 de maio en dependencias do Concello de Burela. As persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao 982 58 60 00.

cartel curso nacionalidade en Burela
0.21084809303284