Organizan en Burela actividades de estimulación temperá
O Concello de Burela acolle as xuntanzas do Espazo das Familias, organizado pola Asociación socio-educativa Antonio Gandoy. Nelas realízanse diversas actividades de estimulación temperá para a cativada de 0 a 6 anos. Estas actividadades están pensadas para estimular os sentidos, o desenvolvemento da psicomotricidade fina e grosa, o desenvolvemento cognitivo, a linguaxe, a comunicación a coordinación óculo-manual, a aprendizaxe sobre a natureza e a regulación emocional.
O seu obxectivo é que as nais e pais conten cun lugar onde debater e reflexionar sobre a crianza dos fillos e fillas, coñecendo actividades coas que contribuír ó seu desenvolvemento integral, a través do encontro con outras familias e con profesionais da educación. Nas últimas sesións días realizáronse colchonetas con globos e bolsas de valeiro, experimentos con froitos do outono sobre papel branco ou sesións de contacontos, e se falou sobre os períodos sensibles segundo Maria Montessori. Poderase acudir a estas xuntanzas independentemente de que o cativo ou cativa asista á escola infantil. Para inscricións ou para máis información pódese contactar co teléfono 670 143 620 ou no correo olaiacao@gmail.com