Organizan a segunda edición da Torresmada popular na Espiñeira, en Foz

Organizan a segunda edición da Torresmada popular na Espiñeira, en Foz. A cita será este sábado con menú a base de torresmos de porco celta, panceta, chourizos, patacas e pan. Ademais, a música tamén será protagonista da xornada a partir das 20.30 horas no campo da feira de Espiñeira en Foz coa actuación do grupo de gaitas A Subela de Foz.