Organizan a Ruta da Subida ó Picato en Trabada
AMariñaXa
As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata o día 19 no Concello
17 Xuño 2024
Os amantes do sendeirismo teñen unha cita o vindeiro 23 de xuño no concello de Trabada. No municipio organizan a Ruta da Subida ó Picato de 8 quilómetros e dificultade baixa/ media. As prazas son limitadas e as inscricións poden realizarse ata o día 19 no Concello de Trabada ou no 982 135 011.
A saída terá lugar dende a praza do Concello a partir das 10.00 horas. Ao finalizar o percorrido haberá comida para todos os asistentes. A cita está organizada polo Concello e pola asociación Trabada paso a paso.