Organizan a ruta da mocidade ao San Antonio da Rigueira, en Xove

AMariñaXa
Os interesados deben inscribirse na OMIX para facer a romaría e recibir a ventura e a flor do San Antonio
pes-ruta-senderismo-deporte
Imaxe de arquivo
3 Xuño 2024

Organizan a ruta da mocidade ao San Antonio da Rigueira o vindeiro 13 de xuño. A actividade, con saída do centro xuvenil, será de 11.00 a 13.30 horas e poderán participar menores de 1º de ESO acompañados da familia.

Os interesados deben inscribirse na OMIX para facer a romaría e recibir a ventura e a flor do San Antonio antes do 11 de xuño. Está organizada pola OMIX do Concello de Xove.

 

roteiro_da_mocidade_san_antonio_da_rigueira
0.18409395217896