Organizado no Vicedo un curso para persoal de Protección Civil
Organizados tres cursos para persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil (APVCs), que forman parte da programación de actividades formativas para o segundo semestre do ano na provincia de Lugo.
Ofertanse un total de 64 prazas e o calendario previsto comeza en Chantada do 1 ao 3 de novembro cun curso sobre accidentes na estrada, que terá 34 horas lectivas e conta con 20 prazas. O contido centrarase na prevención e intervención en accidentes de tráfico.
Por outra banda, no Vicedo desenvolverase o día 9 de novembro un curso sobre manexo de desfibriladores externos (DESA), co obxecto de que os participantes adquiran a formación necesaria para a súa utilización. Oferta 24 prazas e terá oito horas lectivas.
As accións formativas están organizadas pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).