Opinión: Taller de composición coa RFG

AMariñaXa
A nova musical máis actual e mesmo 'Ma non troppo'
Julia-M.-Dopico-Vale-y-Pineiro
23 Nov 2025

Por Julia Mª Dopico Vale e Piñeiro

A Real Filharmonía de Galicia, fiel ao seu compromiso coa creación musical contemporánea, xunto co Consorcio de Santiago e en colaboración co Festival Resis de Música Contemporánea da Coruña (proxecto RESIS-LAB), organiza o “Taller de Obras Sinfónicas”, dirixido polo compositor Manuel López López, Premio Nacional de Música no ano 2000, e polo director Armando Merino, recoñecido polo seu traballo no ámbito da música contemporánea ao fronte de orquestras como a Orchestra della Svizzera Italiana, a Staatskapelle Halle ou a Orquestra de Ópera de Múnic.

O taller está orientado a aquelas persoas que comezan a súa carreira creativa no campo da música sinfónica. Inclúe lecturas de novas obras, ensaios das composicións seleccionadas —nos que os participantes deberán estar presentes— e, unha vez finalizados, ofrecerase un concerto aberto ao público e unha gravación en audio e vídeo que poderá ser utilizada libremente, sen fins lucrativos e con obxectivos de difusión e arquivo.

Nas gravacións e vídeos correspondentes ao concerto deberá mencionarse que a obra foi desenvolvida no “Taller de Composición de Obras Sinfónicas RFG/RESIS. LAB 2026”, citando tamén ao director do taller, Armando Merino.

O prazo de recepción das obras comeza o 22 de novembro e remata o 6 de xaneiro. Segundo o previsto, o día 23 dese mesmo mes de xaneiro comunicaranse as obras seleccionadas, ata un total de seis. As actividades desenvolveranse do 5 ao 8 de maio no Auditorio de Galicia, en Compostela. Para a presentación inicial non é necesario que a obra estea totalmente rematada.

Requírese presentar un mínimo de dous minutos de traballo en proceso de creación acompañados dun texto descriptivo, opcionalmente unha gravación sonora, e un breve curriculum vitae do autor.

Unha proposta de grande interese que contribúe á expansión e á difusión musical en Galicia.

 

 

⚙ Configurar cookies
0.072377920150757