Oito nenos resultaron premiados no concurso de poesía de Nadal de Lourenzá
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Lourenzá fixo público o resultado do xurado do Concurso de poesía Nadal organizado pola Biblitoeca municipal na súa fase local.
11 Xan 2019
O Concello de Lourenzá fixo público o resultado do xurado do Concurso de poesía Nadal organizado pola Biblitoeca municipal na súa fase local.
A organización estableceu tres categorías. Na primeira, para menores de oito anos, resultaron premiados Iria Álvarez Valea e Sara Terrón Martínez.
Na categoría B, para pequenos de 9 a 11 anos, os premios foron para David Cillero Oural, Mónica Varela Barreira e David Rivas Oliveros. Por último, na categoría C, para pequenos de 12 a 16 anos, gañaron Cristian Rodríguez Letu, Juan David Prado López e Fátima Itrih.
A entrega de premios será nunha data aínda sen confirmar e que se comunicará previamente aos premiados.