Oito locais participan na XIV Ruta de Pinchos do Vicedo

AMariñaXa
Este venres e sábado e os seguintes, 26 e 27 de abril, entre as 20.
17 Abr 2024

Este venres e sábado e os seguintes, 26 e 27 de abril, entre as 20.00 e as 23.00 terá lugar a XIV Ruta de Pinchos do Vicedo. Os locais de restauración do concello poñerán á disposición do público unha serie de pinchos de elaboración propia co módico prezo de 3,50 euros. Os comensais terán a posibilidade de puntuar en cada local o pincho correspondente e con cada papeleta entrarán a formar parte dun sorteo de dúas máquinas amasadoras de cociña.

Coas puntuacións obtidas en cada establecemento realizarase unha valoración para escoller o mellor pincho. O premio para o local e para os clientes afortunados coas dúas amasadoras será entregado na Casa da Cultura do Vicedo o día luns 29 de abril ás 19.00 horas. Este primeiro fin de semana do venres 19 e sábado 20, participarán  o Restaurante Area Grande de San Román, co pincho “Vianda de egid” e o Chiringuito da Abrela, en Suegos, con “Mariscada Abrela”.

O seguinte finde semana do venres 26 e sábado 27 participarán os locais do casco urbano: Mesón O Remo con “Bocadito de bacalao”, Café-bar San Esteban con “Sandwich A Gaiteira”, La Bodeguita del Puerto con “43º-55” Peixe das Baixas de Elías”, Cafetería da Casa da Cultura con “Carrilleras a Mi Manera”, Café-bar Santo Domingo con “Calamares da Ría con arroz” e Merendero Los Árboles con “Secreto”.

0.18745112419128