Oitenta persoas asistiron á charla sobre primeiros auxilios no deporte en Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
8 Apr 2019

Oitenta persoas asistiron o venres pola tarde á charla sobre Primeiros auxilios no deporte: aprende a salvar unha vida, impartida por Camilo Vázquez, do 061. A actividade, enmarcada dentro da IV Semana do Deporte, que se celebrou en Burela foi organizada por Semes Galicia.

O sábado houbo un clínic de pádel, organizado por Activity Center de 12:00 a 14:00 horas. E pola tarde na Praza da Mariña de 16:00 a 18:00 horas houbo un circuíto infantil de BTT, organizado por Cerezo Bikes.

O domingo a asociación Pasada das Cabras organizou un paseo pola ruta de sendeirismo circular de Burela. A saída tivo lugar desde Capitanía Marítima, ás 10 horas. Tamén pola mañá, de 11:00 a 13:00 horas, no salón de conferencias, celebrouse un taller de iniciación ao xadrez para adultos, organizado polo club Reyes y Peones. E pola tarde tivo lugar o torneo de xadrez Reyes y Peones, no pavillón Monte Castelo, en horario de 16:00 a 18:00 horas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19314312934875