Oirán, en Mondoñedo, celebra as súas festas

AMariñaXa
A parroquia de Oirán, en Mondoñedo, celebra as súas festas na honra á Virxe dos Milagres este venres e sábado
festas-fogos-artificiais-celebracion
Foto de arquivo
24 Maio 2024

A parroquia de Oirán, en Mondoñedo, celebra as súas festas na honra á Virxe dos Milagres este venres e sábado. O programa comeza con misas e misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Montreal a partir das 13.00 horas. A formación estará acompañada polo grupo Sandra na verbena.

O programa continúa o sábado de novo con misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra D´Noche, que tamén actuará á noite xunto co dúo Estrellas.

0.21335983276367