Odaiko actúa esta tarde en Riotorto

AMariñaXa
A piscina municipal de Riotorto acollerá esta tarde, ás 19.00 horas, a actuación de Odiako, que ofrecerá un concerto de percusión.
odaiko actuacion
23 Ago 2021

A piscina municipal de Riotorto acollerá esta tarde, ás 19.00 horas, a actuación de Odiako.

A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical. Nos seus espectáculos hai instrumentos de orixe oriental (odaikos, gongs, táboas) africanos (djembé, sabar, dum-dum) latinoamericanos (congas, bongos, maracas, caixón), galegos (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería.

odaiko cartel riotorto
0.19817590713501