Ocho apellidos andaluces chegará a Burela o día 20

AMariñaXa
Ocho apellidos andaluces é a suma de catro cómicos andaluces Quique de la Fuente, Txapela de Cádiz, Abraham Martín e Jesús Piña
ocho apellidos andaluces 1
1 Feb 2022

Ocho apellidos andaluces é a suma de catro cómicos andaluces e irmáns de pai (Quique de la Fuente, Txapela de Cádiz, Abraham Martín e Jesús Piña), pero cada un de distinta nai, xúntanse para encher de gargalladas os teatros e salas co seu novo show de impro e monólogos.

Un espectáculo moi andaluz, con salero, cargado de ironía e moita improvisación. Ven a gozar de autentica dose de risoterapia! Un show, unha parodia…que non che podes perder!

Este show, que será na casa da cultura de Burela o 20 de febreiro ás 20.00 horas, é apto para todos os públicos e é altamente recomendable para aquelas persoas que queiran illarse de problemas ou saír das súas rutinas.

0.11230206489563