Obradoiros, xogos, aberto de billarda e música da man de Troitas Bravas na Pontenova

AMariñaXa
O II Aberto a Carón da Lúa conta coa colaboración do Concello, da Deputación e da ACD O Varal
A-Pontenova-praza-dos-fornos
29 Xuño 2024

Troitas Bravas da Pontenova organiza este sábado o II Aberto a Carón da Lúa. A cita, que conta coa colaboración do Concello, da Deputación e da ACD O Varal, aglutina obradoiro de billarda, xogos de habilidade billardeira, música en directo e foliada.

O programa arranca ás 17.00 horas cun obradoiro de billarda, ao que seguirán xogos billardeiros a partir das 18.30. Os asistentes poderán gozar tamén da actuación de Leña Verde ás 20.00 horas e, ás 22.00, dará comeza o aberto de billarda na Praza dos Fornos. Ao remate, A Chocolateira agasallará aos presentes cunh Foliada que será o broche de ouro da xornada.

 

0.097165107727051