Obradoiro de emocións e circuíto de karts este verán en Cervo

AMariñaXa
Comezou en Cervo o taller de iniciación á lingua de signos dentro do programa Enredando no Verán
circuíto_karts_enredando_no_verán_cervo
circuíto_karts_enredando_no_verán_cervo
12 Xul 2024

Comezou en Cervo o taller de iniciación á lingua de signos dentro do programa Enredando no Verán. As crianzas desfrutaron e aprenderon moito da man de Rosa -especialista en intervencións asistidas con cans no ámbito educativo- e  Vilma e Tila nesta primeira sesión.

Os luns tamén se encargan de impartir un taller de emocións, dirixido ás crianzas de 3 e 6 anos (que teñan cursado 4º de infantil) de 12.00 a 13.00 horas, na Casa do Mar. Os interesados poden inscribirse na Casa da Cultura, no 982 59 51 57. Ademais, os máis pequenos do municipio tamén gozaron dun divertido e didáctico circuíto de karts, instalado no Parque Reina Sofía.

A actividade, que se desenvolve de 12.30 a 14.00 horas, é gratuíta e forma parte do programa Enredando no verán. Os pequenos son os encargados de dirixir os vehículos, respectando diferentes sinais de circulación instaladas ao longo do circuíto.

0.092684030532837