O XX Concurso Gastronómico do Ourizo de Cervo xa ten gañadores

AMariñaXa
A localidade de San Cibrao acolleu o XX Concurso Gastronómico do ourizo con motivo da vindeira edición da Festa do Ourizo de Cervo
XX Concurso Gastronómico do Ourizo 2023 1
18 Mar 2023

A localidade de San Cibrao acolleu o XX Concurso Gastronómico do ourizo con motivo da vindeira edición da Festa do Ourizo de Cervo, unha cita gastronómica declarada de Interese Turístico Galego que será o sábado 25 de marzo.

Así, A Bodega e o seu prato Ourizo sobre terra conseguiu o primeiro premio dun vale de 90 euros e unha figura conmemorativa, e o segundo premio, dun vale de 60 euros e unha figura conmemorativa, tamén recaeu na Bodega con Perla en cristal de Ourizo. O terceiro premio, dun vale de 30 euros e unha figura conmemorativa, foi para Las Titas e o seu prato Patacones.

Lembrar, que o sábado 25 de marzo e durante toda a xornada, a hostalería local ofrecerá variadas opcións culinarias que terán como protagonista este equinodermo.

Haberá moita música e ofrecerase ourizo cocido na carpa da praza dos Campos, entre outras sorpresas. Desde o Concello de Cervo convidan a todo o mundo a asistir a esta xornada de exaltación do ourizo.

XX Concurso Gastronómico do Ourizo 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18685698509216