O xoves terá lugar a entrega do XXIV Premio Vegadense do Ano

AMariñaXa
Os Amigos de Vegadeo e o seu Concello vén de informar que o premio XXIV Vegadense do Ano este ano recae sobre Alberto González Mesa.
XXIV premio vegadense do ano 2022
8 Ago 2022

O vindeiro xoves, 11 de agosto terá lugar a entrega do XXIV Premio Vegadense do Ano, concedido a Alberto González Mesa.

Este acto terá lugar no auditorio Félix Menéndez da Casa de Cultura de Vegadeo ás 20.30 horas con entrada libre ata completar aforo.

O xurado do premio Vegadense do ano, integrado por Lilian de Campos, Víctor Manuel Morais Villanueva, José Antonio Fernández Risco, Ainara Bouza González e Pilar Baldonedo Martínez, que actúa tamén como secretaria, concedeulle este premio que se simboliza cun diploma e unha reprodución da Diadema de Vegadeo, xoia castrexa prerromana.

O xurado destacou a súa meritoria cualificación técnica para o desempeño do seu labor profesional ao servizo da sociedade, así como por manter un alto rendemento deportivo simultáneo á súa carreira profesional nun deporte moi pouco recoñecido e valorado en proporción ao sacrificio que supón.

Alberto González, nado en Vegadeo en 1981, é nadador de rescate e forma parte da tripulación do helicóptero de Salvamento Marítimo Helimer Cantábrico, con base no porto do Musel, en Xixón. É rescatador nos helicópteros de salvamento marítimo e formou parte de tripulacións nas diferentes bases de ámbito nacional, e traballado tanto no Mediterráneo como no Cantábrico ou no océano Atlántico. Desde 2017 exerce tamén como instrutor e asesor en diferentes cursos impartidos polo Centro de seguridade e formación marítima Jovellanos.

Por outra banda, iniciouse no remo no Club Remeiros do Eo en 1995, con só 14 anos, e estudou Educación Física compaxinándoa co remo de traineiras co Club de regatas de Perillo, que competía na liga galega.

Despois fichou polo club Estaleiro, xa de maneira profesional, onde remou entre 2006 e 2012 e onde conseguiu os seus maiores éxitos
deportivos, ata que unha lesión tívolle apartado cinco anos. En 2017 volveu competir co club e un ano máis tarde chamoulle o vigués Juan Zunzunegui para competir con Ziérbena ás súas ordes.

Este deportisata foi proposto polo Club Deportivo Básico Remeiros do Eo, Club Deportivo Básico Automóbil Club de Vegadeo, Club Deportivo Básico A Veiga Racing e Asociación Pena Carbayona o Fondrigo.

O premio do ano 2021 recaeu en Pablo Ballesteros Lago, futbolista e actualmente segundo adestrador da Ponferradina.

0.24896001815796