O Xove Costa Trail muda de data
Os organizadores do Xove Costa Trail xa teñen en marcha unha nova edición da proba e que este ano muda de mes, así, celebrarase o 19 e 20 de marzo.
Este ano haberá novidades importantes, cambian as distancias e recorridos das carreiras. A longa pasa a ser XCT35K, aumentando o seu percorrido 10km e sendo circular, con saída e chegada en Xove. A curta para a ser a XCT18K, aumentando 3 km o seu recorrido e seguirá sendo lineal con chegada en Xove, e a andaina será de 12 km sendo circular en sentido contrario ás carreiras.
As carreiras dos nenos serán un circuito trail no entorno de Roncadoiro. A XCT35K, XCT18K e andaina celebraranse o domingo pola mañá e as carreiras dos nenos os sábado pola mañá.
O Xove Costa Trail é unha carreira por montaña que transcorre na súa maioría do percorrido pola senda costeira do Camiño Natural do Cantábrico, desde a Praia de Portonovo percorrendo todo o sendeiro costeiro, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público.