O Xove Costa Trail conta xa con 600 inscritos
Os organizadores do Xove Costa Trail teñen en marcha a nova edición da carreira, que será o 21 e 22 de agosto. Trátase de desfrutar dun dos trails costeiros máis espectaculares de Galicia na que hai dúas distancias, 15 e 25 quilómetros que serán o domingo 22, e a andaina de 15 quilómetros que faraseo sábado 21 de agosto e a carreira para nenos. Polo momento xa hai 600 inscritos.
Tamén contan este ano con novas zonas de paso e modificacións de percorrido debido as restricións snaitarias.
O Xove Costa Trail é unha carreira por montaña que transcorre na súa maioría do percorrido pola senda costeira do Camiño Natural do Cantábrico, desde a Praia de Portonovo percorrendo todo o sendeiro costeiro, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello por sendeiros e pistas forestais de uso público.