O XIV Concurso Fotográfico de Medio Ambiente Cervo Respecta dá a coñecer aos seus gañadores
AMariñaXa
Contou coa participación de 44 instantáneas e un gran nivel que llo puxo certamente difícil ao xurado
5 Xuño 2024
Cervo dá a coñecer aos gañadores do XIV Concurso Fotográfico de Medio Ambiente Cervo Respecta, que contou coa participación de 44 instantáneas e cun gran nivel que llo puxo certamente difícil ao xurado. Como vén sendo habitual o fallo dase a coñecer cada 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.
O primeiro premio é para Cea ao atardecer, de Anxo Cao, con 58 puntos; en segundo lugar queda Esfinge Colibrí, de Germán Paleo, con 57 puntos; e TOP Cervo, á mellor fotografía na que se indentifique claramente unha paraxe do noso Concello foi para A Ponte do Bao, de Germán Paleo, con 49 puntos.