O ximnasio municipal do Valadouro cambia o seu horario polo verán

O ximnasio municipal do Valadouro, situado fronte ao pavillón polideportivo municipal, cambia o seu horario polo verán. Dende o 1 de xullo e ata o 30 de agosto, estará abertos os luns, mércores e venres pola mañá de 10.00 a 13.00 horas. Polas tardes, as instalacións funcionarán de luns a venres en horario de 19.00 a 23.00 horas.