O Xardín de Vila Gris chega o vindeiro sábado 21 á casa da cultura de Burela
O Xardín de Vila Gris e unha obra que convina o traballo actoral e a manipulación de obxectos e siluetas con cancións ao vivo e música orixinal. Chega a Burela o vindeiro sábado 21 ás 18.00 horas ao auditorio da casa da cultura.
Ao longo da peza, os máis pequenos irán descubrindo, da man do noso tenro personaxe Martín, a maxia da natureza e o amor por ela .
E como “non hai historia sen vilán”, neste caso, D. Nefasto Funesto encarnará a cobiza e a a falta de empatía co mundo que nos rodea
MANUEL POMBAL
Manuel Pombal, actor e creador do Xardín de Vila Gris posúe unha longa traxectoria de máis de trinta anos como profesional en diversos eidos do mundo da cultura nete caso destacaremos a sua faceta no universo infantil.
Como director e compositor musical, realizou bandas sonoras orixinais, para Artello, TBO teatro, ou o mesmo Centro Dramático Galego. Asi como cancions para distintas compañias, CDs educativos, ou DVDs didácticos .
Como guionista: conta no seu haber coa creación de diversos textos dramaticos para teatro e televisión asi com adaptación de obras inéditas ao galego.
Conta tamén coa dirección e creación orixinal do programa infantil “O Campo de Atrás”para a TVG. No eido da dobraxe, do que forma parte desde o ano 86,é especialmente valorado polas suas recreacions de personaxes de animacion,(Bugs Bunny, Doraemon, Bullwinkell, o gato Isidoro…) asi como pola voz do programa Larpeiros.