O xantar de Nadal dos usuarios dos centros sociais de Riotorto será este mércores

TerraChaXa | AMariñaXa
A xornada contará coa actuación do dúo Dilema e hoxe, luns, é o último día para apuntarse
nadal-papa-noel
15 Dec 2025

O día 17 de decembro, mércores, o Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal especialmente dirixida a todos aqueles que participan nas actividades dos centros sociais.

O menú consta de entrantes, paella mixta, tenreira guisada con verduras e patacas fritas, sobremesa e café. O prezo desta comida é de 25 euros por persoa e terá lugar na Casa da Cultura de Riotorto a partir das 14.30 horas.

Os interesados en inscribirse poden facelo nos propios centros sociais ou no Concello hoxe, 15 de decembro, como último día. Terán preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.

A xornada contará coa actuación do dúo Dilema.

xantar-nadal-riotorto
⚙ Configurar cookies
0.077893972396851