O voceiro Popular ribadense defende que o mercado dos mércores volva a Praza de Abastos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, defende que “o mercado dos mércores se volva a desenvolver nas inmediacións da Praza de Abastos ribadense.
180523rozas
3 Jul 2020

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, defende que “o mercado dos mércores se volva a desenvolver nas inmediacións da Praza de Abastos ribadense. É unha demanda dos veciños e veciñas”, puntualiza.

O popular critica que “o Goberno local non escoite a ninguén e pense que ten a verdade absoluta”, cando “nós defendemos o diálogo”. O Goberno municipal non escoita á oposición nin tampouco aos veciños e veciñas. Así o demostra a decisión de cambiar o mercado dos mércores para o aparcamento municipal sen ter en conta a opinión dos afectados. “É unha decisión ditatorial de Fernando Suárez” que constitúe “un ataque directo” aos comerciantes, hostaleiros e praceiros.

Daniel Vega explica que “apartar o mercado do entorno da Praza de Abastos prexudica aos bares, restaurantes, comercio e aos praceiros” e, polo tanto, cre que “neste complexo momento, é unha decisión desafortunada de Fernando Suárez e o seu equipo de Goberno”.

Vega cre que é posible retomar o mercado dos mércores no seu emprazamento habitual, como demandan os veciños e veciñas, cumprindo as medidas sanitarias porque “hai espazo para albergar os postos no entorno da Praza de Abastos e nas rúas próximas”, asegura.

0.10805177688599