O vindeiro sábado, 29 de abril, terá lugar en Ribadeo o Día da Xuventude
AMariñaXa
O vindeiro sábado, 29 de abril, terá lugar en Ribadeo o Día da Xuventude. En caso de choiva a xornada trasladarase ao pavillón municipal.
26 Apr 2023
O vindeiro sábado, 29 de abril, terá lugar en Ribadeo o Día da Xuventude. Será de 16 a 21 horas no parque de San Francisco. En caso de choiva a xornada trasladarase ao pavillón municipal.
Esta programación estaba prevista para o pasado 1 de abril, pero adiouse por mor dos tres días de loito oficial decretados polo Concello tras o accidente de tráfico rexistrado en Xove no que perderon a vida catro mozas e mozos de Ribadeo.
O Día da Xuventude está organizado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables e coa colaboración do Concello de Ribadeo.
- Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:
- Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.
- Lecer educativo: Fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco.
- Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.
- Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.
- Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.
- Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.
- Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.
En Ribadeo a partir das 20:30 horas actuarán Festra, Glzeta e Dj Maybe LK.