O vindeiro sábado 13 de maio terá lugar o Festival da Terceira Idade do Valadouro

AMariñaXa
O vindeiro sábado 13 de maio terá lugar o Festival da Terceira Idade do Concello do Valadouro, haberá que inscribirse
festa terceira idade valadouro 203
2 Maio 2023

O vindeiro sábado 13 de maio terá lugar o Festival da Terceira Idade do Concello do Valadouro, para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, e poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.

As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse nas Oficinas Municipais antes do día 8 de maio en horario de 9.30 a 14.00 horas ou no teléfono 982 574 000.

Esta cita será Pavillón Polideportivo Municipal O Valadouro e haberá unha recepción e aperitivo amenizados polos acordeonistas da Mariña. Tamén contarán con xantar, sorteos e baile amenizado polo Montreal.

festa terceira idade valadouro 203
0.082892894744873