O vigués Miguel Cavadas, gañador do Díaz Jácome de Mondoñedo

TerraChaXa | AMariñaXa
O vigués Miguel Cavadas, gañador do Díaz Jácome de Mondoñedo. Do certame de poesía Díaz Jácome de Mondoñedo coa súa obra Adagio
16 Dec 2020

Miguel Cavadas Docampo, natural de Vigo, foi o gañador do certame de poesía Díaz Jácome de Mondoñedo coa súa obra Adagio. O segundo galardonador foi Quico Valeiras, do Carballiño, coa súa obra Catro notas arredor desta caixa para despois, e xa o terceiro premio recaeu Adrián Maceda, do Saviñao, é o autor da obra que leva o terceiro premio, Cinco anticipacións a un corazón caído.

Cavadas recibirá un agasallo en metálico de 1.500 euros, placa e diploma, o segundo galardonado recibirá un premio dotado con 600 euros, placa e diploma e o terceiro 300 euros, placa e diploma.

A entrega dos premios realizarase o vindeiro sábado día 19 no auditorio municipal Pascual Veiga ás 12.00 horas.

0.19159388542175