O Vicedo volverá denunciar a falta de médicos nunha nova manifestación

AMariñaXa
A veciñanza convoca unha nova concentración este domingo no centro de saúde
manifestacion_medicos_o_vicedo
23 Out 2024

A veciñanza do municipio do Vicedo non frea as súas protestas pola falta de médicos no centro de saúde do concello e reclamarán unha fin de semana máis a cobertura das prazas con carácter fixo. Deste xeito, as Asociacións culturais, deportivas e de veciños do Concello de manifestaranse para esixir mudanzas nesta problemática que arrastran dende fai tempo e pola que xa saíron en múltiples ocasións á rua.

Os convocantes programan unha nova concentración este domingo 27 ás 11.30 horas diante do Concello. Esta manifestación súmanse ás outras programadas nas que denuncian que durante dúas semanas estiveron as axendas pechadas, con días sen facultativo, outros nos que só se atenderon as urxencias, anuláronse citas ou só houbo atención catro horas.

0.14207696914673