O Vicedo volve saír á rúa para reclamar médicos para o seu centro de saúde
AMariñaXa
O Vicedo volveu saír á rúa para denunciar a falta de facultativos no centro de saúde do municipio.
29 Abr 2024
O Vicedo volveu saír á rúa para denunciar a falta de facultativos no centro de saúde do municipio. A concentración, convocada polas asociación culturais, deportivas e de veciños do concello, tivo lugar o domingo 28 diante da Casa Consistorial.
Con esta nova convocatoria pretenden esixirlle ao Sergas unha mellora nas condicións sanitarias e que cubra as dúas prazas de médicos que están vacantes no centro de saúde do municipio. Trátase dunha necesidade que levan reivindicando dende fai tempo e que implica unha cobertura deficitaria así como tamén desprazamentos da veciñanza ata outros centros como ao PAC de Viveiro.