O Vicedo volve demandar na rúa a mellora da sanidade no muncipio

AMariñaXa
As asociación culturais, deportivas e de veciños do concello do municipio convocaron unha nova manifestación
concentracion_sanidade_o_vicedo
24 Xuño 2024

O Vicedo volveu saír á rúa para denunciar a falta de facultativos no centro de saúde do municipio. As asociación culturais, deportivas e de veciños do concello do municipio convocaronn unha nova manifestación o domingo 23 de xuño a partir das 11.30 horas diante do Concello na defensa da súa sanidade.

Con esta nova convocatoria pretenden esixirlle ao Sergas unha mellora nas condicións sanitarias e que cubran as prazas de médicos que están vacantes no centro de saúde do municipio. Trátase dunha necesidade que levan reivindicando dende fai tempo e que implica unha cobertura deficitaria así como tamén desprazamentos da veciñanza ata outros centros como ao PAC de Viveiro.

0.21615791320801