O Vicedo propón unha travesía en kayak para descubrir a beleza da ría e do río Sor desde o mar

AMariñaXa
A excursión, para todas as idades, partirá do porto e cruzará a ría para internarse río arriba polo Sor
vicedo-rio-sor
7 Jul 2025

O Concello de O Vicedo organiza este mércores, 9 de xullo, unha excursión en kayak aberta a todas as idades cun atractivo percorrido que permitirá descubrir a beleza natural da ría e do río Sor desde o mar. A actividade comezará ás 12.00 horas no porto do Vicedo e prolongarase durante aproximadamente dúas horas.

A travesía partirá do porto e cruzará a ría para internarse río arriba polo Sor, pasando por lugares singulares como as pontes sobre o río, a illa de San Martiño, a zona de Negradas e rematando no entorno de Ribeiras do Sor.

O prezo por persoa é de 20 euros e inclúe todo o material necesario para a actividade, así como o transporte de volta desde Ribeiras do Sor ata o porto de saída.

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse previamente chamando ao 982 590 195, tanto en horario de mañá como de tarde. A proposta, pensada para o desfrute en familia ou con amigos, ofrece unha forma diferente de coñecer a riqueza paisaxística do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.15824103355408