O Vicedo programa unha ruta de sendeirismo y títeres antes da festa do turismo rural

TerraChaXa | AMariñaXa
17 Xul 2019

O Vicedo ofrecerá diversas actividades esta semana a partir do 17 de xullo. Oferta dende sendeirismo, ata títeres e festa do cabalo. O mércores de natureza desta semana será unha ruta de sendeirismo que  percorrerá a zona de costa entre Viveiro (Covas), praia de Abrela,  Fuciño do Porco, San Román e Folgueiro. Ademáis vinculada ao uso dun  transporte público como é o tren Feve. O punto de partida será ás 10h no  apeadeiro FEVE do Vicedo desde onde se tomará o tren para comezar a ruta  en Covas (Viveiro). Emprenderán a ruta, duns 14km, para dirixirse á  praia de Abrela, Fuciño do Porco, San Román e rematar en Folgueiro, onde os participantes tomarán o tren de volta ás 16:15h.
Hai que levar comida e bebida e  roupa axeitada para camiñar. As inscricións formalízanse chamando ao 982 59 01 95.
Por outra parte, o xoves ás 21:30h haberá unha representación de títeres na terraza da Casa da Cultura, a cargo de Títeres Cachirulo, que vai representar a obra A cabeza do dragón.
Finalmente, o vindeiro domingo haberá unha nova edición da Festa de Turismo Rural, no parque eólico de Muronovo, e que consistirá nunha misa solemne ás 13:30h, degustación de produtos típicos, carreiras de cabalos e festa a última hora da tarde. A organiza o Concello de O Vicedo.

0.097053050994873