O Vicedo programa sendeirismo e xeorutas cos mércores da natureza, durante o verán

TerraChaXa | AMariñaXa
Comezan as actividades de verán no Concello do Vicedo co primeiro dos  mércores de natureza, unhas actividades que se celebran todos os  mércores de xullo e agosto e que tratan de amosar a natureza da localidade desde  diferentes puntos de vista, ben sexa en sendeirismo, ben en rutas en  kayaks, ben mixtas ou mesmo a través de rutas máis específicas como as xeolóxicas.
VILALBA FASHION WIII cartel con data
2 Jul 2019

Comezan as actividades de verán no Concello do Vicedo co primeiro dos  mércores de natureza, unhas actividades que se celebran todos os  mércores de xullo e agosto e que tratan de amosar a natureza da localidade desde  diferentes puntos de vista, ben sexa en sendeirismo, ben en rutas en  kayaks, ben mixtas ou mesmo a través de rutas máis específicas como as xeolóxicas. De feito, se teñen programado dúas xeorutas por primeira vez neste concello (unha en xullo e outra en agosto).
O mércores día 3 será a primeira das actividades de presentación, cun paseo en kayaks e  táboas de paddle Sup. Será ás cinco da tarde, na praia de Abrela, e estará destinada a  maiores de 12 anos, cun prezo especial de 10 euros por persoa .
As persoas interesadas en informarse e apuntarse aos mércores da natureza poden facelo chamando ao teléfono 982 59 01 95.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18203687667847