O Vicedo presenta o programa da Festa do Turismo Rural

AMariñaXa
Haberá misa, degustacións, campionatos ecuestres, baile e 1.740 euros en premios
cabalo-debuxo
cabalo-debuxo
7 Xul 2024

O Vicedo presenta o programa da Festa do Turismo Rural, que terá lugar o domingo 14 de xullo no miradoiro Parque Eólico Riobarba e chega a súa vixésimo cuarta edición. Haberá misa, degustacións, campionatos ecuestres, baile e 1.740 euros en premios e está organizado polo Concello.

A celebración arranca ás 12.00 horas con misa solemne na honra a San Vicente de Francos para dar paso, a partir das 14.00 horas, a unha degustación de produtos típicos. Os campionatos ecuestres comezarán ás 17.00 horas e a entrega de premios será ás 18.30 horas, á que seguirá un baile.

0.076750040054321