O Vicedo prepara varias actividades de Nadal
O Concello do Vicedo prepara varias actividades de Nadal, así, comezará o 17 decembro ás 12.30 horas cunha videoconferencia con Papá Noel desde a Aula Cemit, que está dirixida a alumnos do CEIP O Vicedo.
Xa o 20 decembro, Papá Noel visitará aos nenos do Punto de Atención á Infancia, e o 27 ás 16.30 horas haberá unha tarde de xogos de mesa para os pequenos.
O 28 decembro haberá unha viaxe a Xuvenlugo. O Concello do Vicedo habilita dous autobuses para visitar as instalacións do Pazo de Feiras e exposicións de Lugo onde está situado Xuvenlugo. A hora de saída da Casa da Cultura será ás 14.45 horas e a volta farase ás 20 horas.
O 2 xaneiro a partir das 16.30 horas haberá un torneo de ping pong sub-19 na Casa da Cultura, na que poderán participar un máximo 16 persoas.
Xa por último o día 3 ás 21.30 horas será a quenda do Karaoke de inverno na sala de Exposicións.