O Vicedo prepara as actividades de Nadal
O Concello do Vicedo está a programar unha serie de actividades para este mes de decembro para que os máis pequenos da casa teñan un tempo de ocio durante o Nadal.
Así, darán comezo o día 19 ás 17.00 horas cun concerto do grupo Os do 21, no que se poderá desfrutar da súa música tradicional do grupo vicedao, e xa o domingo 26, o monologuista Avelino González levará os seu contos ata O Vicedo, uns contos cheos de humor e retranca que non deixarán indiferente a ninguén. Estos dous espectáculos será na casa da cultura.
O luns 20 ás 11.00 horas os nenos do Ceip do Vicedo visitarán a aula Cemit para facer unha videoconferencia con Papá Noel.
O día 2 de xaneiro os pequenos poderán facer unha viaxe ás instalacións do Pazo de Feiras e exposicións de Lugo onde está situado Xuvenlugo para desfrutar das atraccións e diversións cos seus compañeiros. A hora de saída aínda está por concretar. Para anotarse haberá que pasar pola casa da cultura ou chamar ao 982 590 195.