O Vicedo prepara a Festa do Turismo Rural
AMariñaXa
Haberá misa, degustacións, campionatos ecuestres, baile e tamén 1.740 euros en premios
13 Xul 2024
O Vicedo prepárase para a Festa do Turismo Rural, que terá lugar este domingo no miradoiro Parque Eólico Riobarba e chega a súa vixésimo cuarta edición. Haberá misa, degustacións, campionatos ecuestres, baile e 1.740 euros en premios e está organizado polo Concello.
A celebración arranca ás 12.00 horas con misa solemne na honra a San Vicente de Francos para dar paso, a partir das 14.00 horas, a unha degustación de produtos típicos. Os campionatos ecuestres comezarán ás 17.00 horas e a entrega de premios será ás 18.30 horas, á que seguirá un baile.