O Vicedo porá autobuses para ir á presentación de Jakobsland a Santiago

AMariñaXa
O Vicedo porá autobuses para ir á presentación de Jakobsland a Santiago. Será o sábado 12 de marzo en Santiago
jacobsland vicedo 1
16 Feb 2022

A curtametraxe Jakobsland, un proxecto a cargo da produtora Queiman e Pousa, poderase ver o sábado 12 de marzo na Cidade da Cultura de Santiago e máis adiante proxectarase no Vicedo.

Os Concellos do Vicedo e Mañón poñerán autobuses gratuitos a disposición de todo aquel que queira asistir a esta presentación. O horario de saída será ás 16.00 horas desde O Barqueiro e Vicedo e o de regreso será ás 20.30 horas desde Santiago.

Tanto as persoas que vaian en autobús como os que vaian pola súa conta deben anotarse no 982 590 195 ou no mail omix@concellodovicedo.org (as persoas do Concello de Mañón no 981 414 002 ou por correo cultura.deportes@manon.es

Así, a praia de San Román e o Fuciño do Porco foron inmortalizados na curtametraxe que da difusión ao pasado viquingo da zona.

Esta gravación contou cun cento de persoas, entre protagonistas e figurantes, ademais da participanción do Concello e dos negocios da contorna.

Esta curta contou con actores amplamente coñecidos do audiovisual galego como son Isabel Blanco, Alfonso Agra ou Serxio Pazos, e tamén cos actores internacionais Paul Kavanagh e Tim O'Sullivan, intépretes de Vikings e Juegos de Tronos.

0.15881586074829