O Vicedo pon en marcha unha bolsa de emprego municipal para conectar empresas e persoas desempregadas

AMariñaXa
O PSdeG celebra que se materialice unha proposta presentada no pleno de maio, coa que se busca xerar novas oportunidades laborais para a veciñanza
concello-vicedo
12 Aug 2025

O Concello do Vicedo vén de anunciar a creación dunha bolsa de emprego municipal destinada a poñer en contacto ás persoas desempregadas coas empresas que precisan persoal. A iniciativa, segundo recordan desde o PSdeG local, responde a unha moción que o grupo socialista presentou no pleno do pasado 28 de maio, na que se pedía a posta en marcha deste recurso con criterios transparentes e dando prioridade á veciñanza.

O alcalde fixo público o 8 de agosto un bando no que se recollen os detalles do servizo, que permitirá tanto ás empresas como ás persoas en busca de traballo inscribirse para facilitar a súa conexión. A información pódese obter a través do correo electrónico emprego@concellodovicedo.org ou chamando ao teléfono 982 590 029.

Desde o PSdeG celebran que a medida saia adiante, asegurando que “o importante é que esta ferramenta sirva para xerar oportunidades laborais no Vicedo” e comprometéndose a seguir impulsando propostas que melloren a calidade de vida no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.15151500701904