O Vicedo pon en marcha un Club de Lectura para compartir experiencias arredor dos libros

AMariñaXa
A primeira reunión terá lugar o 5 de novembro ás 19:00 horas e servirá para perfilar o funcionamento do grupo
Charla-Educando-en-Familia-(febreiro-2023)
Imaxe de arquivo
29 Oct 2025

O Concello do Vicedo impulsa a creación dun novo Club de Lectura, unha iniciativa aberta a todas as persoas interesadas en gozar da literatura e compartir impresións sobre diferentes obras. A proposta busca crear un espazo de encontro e diálogo arredor dos libros, no que os participantes poidan expresar libremente as súas opinións e aprender uns dos outros.

As sesións celebraranse unha vez ao mes, e en cada encontro analizarase unha lectura común que será facilitada polo propio club. As persoas participantes poderán comentar se lles gustou ou non a obra, a súa temática, o estilo literario ou as emocións que lles espertou, fomentando así unha visión plural e enriquecedora da lectura.

A primeira reunión informativa terá lugar o martes 5 de novembro ás 19:00 horas, e estará dirixida a todas aquelas persoas que queiran coñecer mellor o funcionamento do grupo. Durante este encontro decidiranse cuestións como o día e a hora das reunións mensuais, así como o tipo de obras que se lerán.

Desde o Concello animan á veciñanza a participar nesta nova actividade cultural, pensada para fomentar o hábito lector, descubrir novos autores e compartir experiencias. “É unha oportunidade para probar algo diferente, coñecer xente e deixar que os libros nos leven a outros mundos”, subliñan os organizadores.

⚙ Configurar cookies
0.066542148590088