O Vicedo organiza unha viaxe a Xuvenlugo para o día 2

AMariñaXa
O Concello deo Vicedo organiza unha viaxe para nenos e nenas ao espazo infantil Xuvenlugo no Nadal prevista para o domingo 2
xuvenlugo
29 Dec 2021

Un ano máis, o Concello do Vicedo organiza unha viaxe para nenos e nenas ao espazo infantil Xuvenlugo no Nadal prevista para o domingo 2 de xaneiro con saída do colexio ás 14.45 horas.

As actividades diríxense a rapaces e rapazas de entre 2 e 17 anos e os menores de 10 anos terán que ir acompañados dun adulto.

Os interesados e interesadas poden contactar co Concello para inscribirse e coñecer máis detalles. O Concello faise cargo da viaxe en bus para os nenos e nenas e as súas familias e tamén paga as entradas de todos ao Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, que é onde está ubicado Xuvenlugo.

0.15701007843018